Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 4

Revista Mira Curso 2013-2014 Eucaristías Neste curso a congregación seguiu apostando polos Oratorios, actividade moi atraínte para os rapaces, na que aprenden e ven a Xesús como un amigo máis co que compartir as súas cousas, e alguén que os acompaña e acompañará sempre. Os colexios da Congregación das Escravas da Eucaristía e da Madre de Deus, levamos moi presente, na nosa vida diaria, a Xesús Eucaristía; así que unha vez por trimestre celebramos xuntos unha celebración eucarística.