Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 28

Curso 2013-2014 Revista Mira Celebramos o magosto O pasado novembro celebrábase na provincia de Ourense a festividade do Magosto. Un ano máis, non podíamos ser menos, e nas proximidades das nosas instalacións, festexamos o Magosto, un día sinalado no calendario por todos, grandes e pequenos, no que se mestura o lecer co xantar, ao tempo que se está en contacto coa natureza, e se fai a exaltación dun produto moi típico e abundante na nosa terra, como é a castaña. Ao longo de toda a xornada matutina, brincaron, cantaron, asaron castañas…, e xa pola tarde fixéronse xogos organizados polo centro, para que participaran todos xuntos, e algúns dos que tiveron maior aceptación, foron: o de ter que atopar un globo deseñado e decorado con forma de castaña, ou ben, a “gynkana de castañas”, que fixeron as delicias dos alí presentes.