Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 22

Curso 2013-2014 Revista Mira O colexio Externato Paulo VI visítanos No mes de abril, tivemos o pracer de abrirlle as portas das nosas aulas e compartir todo o que sabemos facer cun grupo de mestras do colexio Externato Paulo VI de Braga (Portugal). Durante a súa estancia puideron comprobar de primeira man como estamos a desenvolver o noso proxecto educativo (PEI) a través dos distintos programas innovadores: Entusiasmat, Ludiletras, Xadrez, AMCO, Estimulación temperá, traballo cooperativo, destrezas e rutinas de pensamento… A experiencia foi moi enriquecedora, non só para as visitantes senón para todas as persoas que tivemos a oportunidade de intercambiar o noso saber facer e acompañalas durante a súa estancia.