Revista_Mira_2014.pdf Jun. 2014 | Page 20

Curso 2013-2014 Revista Mira Aula de teatro de pais e nais No curso que rematamos vense de consolidar no colexio a Aula de Teatro de Pais e Nais, un proxecto nado no curso anterior como experiencia innovadora. A bagaxe de dúas obras ambiciosas representadas na cidade de Ourense, cunha asistencia de público que xa quixeran, ás veces para si, compañías de teatro profesionais, xunto coa participación activa –ou mellor deberiamos chamarlle implicación- de máis dunha ducia de persoas entre actores e persoal de decorados, fan desta actividade unha das necesariamente presentes para o vindeiro curso escolar. El Mago de Oz e Boas noites, representadas por este orde no teatro Principal e no Auditorio de Ourense, fican xa no historial deste divertido e cohesionado grupo de teatro amateur.