Revista Calasancio 2014-2015 | Page 9

A Nosa cultura. O Magosto De súpeto , soa a campá, significa que as castañas están listas. Que emoción! Todos os nenos están cos seus cornetes pedindo castañas e repártense as primeiras. Que ricas, quentiñas e saborosas están! Despois un grupo de alumnos de Educación Primaria, vestidos co traxe tradicional galego, póñense a bailar a muiñeira. Ao rematar tódolos alumnos aplauden. Agora toca recoller e ir para aula, e esperar un intre a que cheguen os nosos pais e poidan probar unhas poucas castañas. Benvido sexa a xuntanza no magosto, o vindeiro ano máis castañas¡