Revista Calasancio 2014-2015 | Page 8

A Nosa cultura. O Magosto Despois temos xogos tradicionais toda a semana. Os nosos profes de educación física trouxeron un montón de xogos populares que enchían todo o ximnasio, e que nos deixaron nos tempos de recreo. Eran moi divertidos e pasámolo moi ben! E por último, chega o día principal, á mañá facemos e decoramos os cornetes; e á tarde tódolos alumnos baixan ao patio e séntanse por grupos, facendo círculos,para comer as castañas. Alí ,vemos vir aos rapaces maiores de 4ºda ESO, que van repartir as castañas, vestidos de vellos coas súas cestas , e moi preto de nós a Paco, o castiñeiro, coa súa “locomotora” asando as castañas.