Revista Calasancio 2014-2015 | Page 35

Día das Letras Galegas DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015 O día das Letras Galegas é unha celebración que se creou en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear aos escritores que destacaron polas súas obras en galego e pola súa defensa do idioma. Cada ano dedícase a unha persoa diferente, tendo en conta que xa tivo que falecer fai dez anos. A data de celebración, 17 de maio, débese a que nese mesmo día en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar de “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro e que marcaría o inicio do renacemento cultural galego. Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde, un historiador, mestre,escritor e político que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu o 13 de setembro de 1996. Escribiu más de trescentos libros e milleiros de artigos,discursos, conferencias… No noso colexio fíxose unha exposición con traballos sobre ese escritor e outros escritores relevantes da historia de Galiza: Castelao, Rosalía,Eduardo Pondal, Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor ,Cunqueiro , Uxío Novoneyra... Escribíronse poesías en galego, algunhas sobre a metereoloxía, tema central deste ano, e decoráronse cortizas con palabras típicas do galego. Tamén, durante esa semana, escoitabamos música galega ao entrar nas aulas, e sobre ás 11:30 adicábamos dez minutos a ler por megafonía un pouco do “Libro Viaxeiro”,feito por todo o alumnado do colexio . E para rematar, os alumnos de Educación Secundaria tiveron unha charla dada polo fillo de Xosé Filgueira Valverde.(Artigo Faro de Vigo) Agora toca esperar ao vindeiro ano, quen será o próximo homenaxeado?