Revista Calasancio 2014-2015 | Page 19

O entroido No noso colexio celebrámolo facendo unha gran festa de disfraces un xoves pola tarde; pero antes os mestres mandáronnos buscar infomación, recoller fotografías, decorar as cortizas con caretas… Chegou o gran día, hai xente disfrazada por todos os lados. A música óese dende lonxe, os nenos comezan a chegar. Os mestres están moi ben disfrazados e os nenos tamén. Todo está xenial! Os nenos divírtense xogando cos seus disfraces e bailando, unha pena que o momento remate. Pero o ano que vén, volveremos a pasalo ben outra vez! Viva o Entroido!