Revista Calasancio 2014-2015 | Page 18

O entroido O entroido é unha festa popular de carácter lúdico. A súa celebración ten lugar inmediatamente antes do inicio da cuaresma cristiá. Nela a xente disfrázase; o disfrace non importa, os homes vístense de mulleres, as mulleres de homes, outros de demos, cregos ,vellas, piratas, animais, personaxes de ficción… o que importa é a diversión. A comida típica do entroido é o lacón con grelos, as filloas e as orellas. Dende moi antigo,esta festa celébrase en Galiza con tintes particulares e moi diferenciados ,entre as diversas localidades ,sendo os máis coñecidos os disfraces de Xinzo de Limia, Laza e Verín. As pantallas de Xinzo de Limia Os cigarróns de Verín Os peliqueiros de Laza Chocas del Cigarrón