Revista Calasancio 2014-2015 | Page 15

O Nadal O venres, xa era o último día antes das vacacións do Nadal. Mais os nervios, se cadra, estaban aínda máis presentes ca nunca. Pois ese era o día, no que todos foron protagonistas. Ao igual que outros anos, era o día elixido para representar o Belén vivinte. Pero nesta ocasión, tiña unha maxia especial…Contamos coa colaboración dunha familia do noso centro para poñerse na pel da Virxe María, San José e o neno Jesús, dándolle unha maxia especial. Acompañados en todo momento por un grupo de pastores e pastoras, representados por algúns dos nosos alumnos e alumnas. E como non podía ser doutra maneira, contamos coa presenza dos Reis Magos, que foron moi xenerosos e fixeron un alto no seu camiño para estar preto noso nun día tan especial. Ese día, todos os cursos fomos baixando para ser partícipes do Belén vivinte e cantar as panxoliñas, que días atrás preparamos con tanto agarimo e ledicia. Os alumnos e alumnas de Ed. Infantil, presentaron a súa ofrenda cunhas panxoliñas en castelán e en inglés: “En el fondo del mar”, “Snowflake, snowflake, little snowflake” (3 anos), “Oh what special night” ( 4 anos) e “Virgin Mary had a baby boy” (5 anos). Logo foi a quenda dos alumnos de primeiro ciclo de primaria, quenes nos fixeron gozar cantando “Jingle Bells” e “Din don” . Seguiulle a actuación dos alumnos de 3º e 4º; os alumnos de 3º curso cantaron todos xuntos “Los pastores a Belén” mais “Cantemos, cantemos”, os seus compañeiros de 4º A “Din don dan, llega la Navidad” e os alumnos de 4ºB representaron unha árbore de Nadal cun teatro de luz negra.