Revista Calasancio 2014-2015 | Page 14

O Nadal Coma tódolos anos, chegou o tempo do Nadal! Época do ano, que coma cristiáns celebramos con moito espírito e ilusión. Nestas datas sinaladas, tanto para os alumnos, alumnas, mestres e familias, todos participamos nas diferentes actividades que se preparan para festexar esta gran festa. No ambiente comezan a aparecer os primeiros nervios de cara ao concurso das postais. Todos os nosos alumnos, dende Ed. Infantil, Primaria e Secundaria, esfórzanse por amosarnos a súa visión do Nadal a través destas pequenas pero gran obras de arte. O espírito do Nadal cólase tras as portas do noso colexio, chamando en cada unha das clases, porta por porta. Por suposto, non se esquece de ningún recuncho do centro; comedor, secretaría, portería, dirección, departamento de orientación e biblioteca. A decoración comeza a asomar por portas, ventás e corredores, facéndose así cada día máis presente. Este ano, o Nacemento situado diante do salón de actos e custodiado pola exposición das postais do concurso, constaba de motivos mariñeiros. Diferentes cursos, achegáronse a el para coñecer da man da profesora María López, o significado e as personaxes representadas nesta escena da Biblia.