Publicaciones didácticas de la Biblioteca del IES de Sabón folleto biblio | Page 2

PRÉSTAMOS Os libros préstanse 15 días renovables a outros 15 excepto se o libro está na lista de lecturas obrigatorias. So poderán levarse un máximo de 3 préstamos á vez. Os Dvd préstanse 2 días renovables a outros 2; enciclopedias, manuais, xogos e outros mate- riais so poderán consultarse na propia bibliote- ca. Os préstamos faranse nos recreos polos profe- sores encargados ou o equipo de voluntarios da biblioteca, debe presentarse o exemplar que se vai levar e o nº de lector. Existe a posibilidade de solicitar un libro na lista de espera cubrindo o formulario que está no blog da biblioteca #bibliosabon Os libros están catalogadas nos andeis por co- res segundo pódese ver na CDU. Estarán colo- cados por orde alfabética segundo o 1º apelido do autor e no lombo do libro figurará unha eti- queta como esta que che axudará a localizalo. Este libro pertencería á Literatu- ra Galega, o autor sería Castelao ( as tres primeiras letras do 1º apelido en maiúsculas) e o título da obra Cousas ( tres primeiras letras do título sen artigos) ACTIVIDADES NORMAS DA BIBLIOTECA • A biblioteca é un espazo común de traballo e lecer por iso non se poden facer certas cousas como comer ou beber, falar en voz alta ou facer ruídos que molesten aos de- mais. • Á disposición de todos temos un par de ordenadores fixos que poden ser emprega- dos en calquera momento, sen embargo o ordenador do mostrador é de uso exclusivo do profesorado da biblioteca e do equipo de alumnado voluntario. • Cando non se devolva un préstamo en pra- zo o alumno/a será considerado “moroso” e non poderá facer novos préstamos ata que non devolva o que ten. No caso de que esta situación se prolongue, poderase to- mar a decisión de non entregarlle as notas. • Voluntariado biblioteca Animámoste a formar parte do equipo de vo- luntarios que axudan na biblioteca; recibirás un certificado polo teu traballo ademais de gozar doutras moitas vantaxes. • Exposicións, concursos, celebracións….e moito máis...