I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 7

A primeira igrexa

A Igrexa de Santiago é un templo histórico situado no casco antigo da cidade vella da Coruña. Esta igrexa foi construída na segunda metade do século XII, aínda que sufriu reformas en séculos posteriores. É a más antiga da cidade da Coruña.

A igrexa de Santiago é de estilo románico-gótico. A antiga planta distribuíase en tres naves e tres ábsidas, sendo de importancia as dúas portas laterais e a porta da fachada principal. Na fachada occidental encontramos a portada, formada por arcos apuntados, coa imaxe de Santiago Matamouros a cabalo no tímpano. Na parte superior ábrese un rosetón. Os muros laterais articúlanse mediante contrafortes e dúas portadas formadas por arcos de medio punto., destca o "agnus dei" no tímpano dunha das portadas

Na actualidade celébranse eucaristías todas as semanas, así como todo tipo de actos relixiosos ( vodas, bautizos, etc.), algúns coros da cidade tamén celebran concertos alí. Cada 7 de marzo celébrase unha misa organizada pola << irmandade dos superviventes do castelo de Olite>>.

A cidade medieval

7