I+D Media 3.0 A Coruña Edad Media Proyecto I+D Media A Coruña Edad Media | Page 4

A cidade

medieval

4

A rúa Alfonso IX

Unha rúa moi importante para a Cidade medieval de A Coruña que nós transporta as súas orixes.

A rúa Alfonso IX atópase entre a praza María Pita e a praza de Azcárraga, na cidade vella de A Coruña.

Alfonso VII recuperou o territorio en 1126, mais este proceso xa se iniciara con Fernando II, cando a documentación aínda facía referencia á cidade como " Crunia", "Corunia" ou "Cruña".

O nome desta rúa débese ao feito de que o monarca Alfonso IX trasladase a poboación do Burgo á nova vila da Coruña durante os numerosos ataques viquingos que se estaban a suceder na época. E por isto, o rei concedeu a “Carta Puebla” (un diploma concedido aos novos poboadores dun lugar, que contén o repartimento das terras dun lugar).

En 1209 lévase a cabo a reconstrución da nova cidade grazas ao empeño de Alfonso IX.Posteriormente, Alfonso X ,o Sabio, concede á Coruña o 2 de decembro de 1255 o “privilexio do Sal”, que consiste en ser o porto onde o sal, que naquela época era un produto de primeira necesidade xa que dela dependía a conservación dos alimentos, non pagaban impostos, co que se descargaba e vendía libremente. A Coruña na Idade Media era unha

cidade importante debido ao comercio marítimo que tamén enriqueceu a poboación.

Aínda que nesta rúa, na actualidade non quedan comercios podes achegarte a contemplar os seus fermosos edificios ou, se che interesa a arte, visitar un estupendo taller de debuxo e pintura situado na mesma rúa.