11
Ten tres portadas , destacando a occidental cun tímpano na porta que representa unha escena dos doce apóstolos rodeando outra imaxe da Epifanía; unha das portas do lateral, e similar á principal, que amosa unha imaxe que pode corresponder ao Martirio de Santa Catalina; no outro lateral encontramos unha obra parecida de menor interese.
Outro atractivo deste templo é que o cruceiro que o acompaña é un dos máis antigos de Galicia.
Dende tempos antigos foi a igrexa dos gremios do mar e dos comerciantes, que visitaban a igrexa ao regresaren , como sinal de gratitude.
É un lugar moi interesante se tes pensado visitar a cidade da Coruña, moi acolledor en un marco case que máxico. Tamén podes aproveitar para coñecer outros lugares de interese coruñeses como a praza de Azcárraga ou a praza das Bárbaras situados non moi lonxe.
+
A cidade medieval
11
A cidade medieval