DON MOUCHO XUÑO 2016 | Page 2

Hai pouco tempo que publicamos, tanto en formato papel coma en formato dixital, o noso Xornal Escolar don Moucho co gallo das Lestras Galegas onde amosámosvos o traballo monográfico sobre o Proxecto Documental Integrado que traballamos neste curso en tódalas aulas. Desta vez, queremos facer unha nova tirada do xornal en formato dixital, xa que caemos na conta de que había moitas cousiñas que tamén queriamos contarvos e que non aparecían no outro xornal nin nos blogues do centro, ainda que de seguro vos chegaría de ouvidos de primeira man, a través da mellor canle de comunicación que temos na escola: os nenos, os vosos fillos, os nosos alumnos, os nosos compañeiros…. Asi que puxémonos mans á obra e aquí está a nova edición do xornal Don Moucho, xusto antes de que remate a primavera e de que cheguen as tan merecidas vacacións de verán. Sen máis, agardamos que desfrutedes coa súa lectura, compartindo en familia un chisquiño máis do que por aquí aonteceu este curso. Entrementres desexámosvos un feliz verán!!!. 2