Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 28

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 Artigo 19. Convocatorias. A Coordinadora Comarcal reunirase obrigatoriamente antes de cada xuntanza da Coordinadora Nacional. Nela as responsables de cada asemblea de base transmitirán ó enlace coa Coordinadora Nacional os posicionamentos, dúbidas, propostas, etc. de cadansúa asemblea para que este se encargue de elevalos. Sección III: Da Asemblea Nacional Artigo 20: Definición e composición. A Asemblea Nacional é o máximo órgano de decisión de Estudantes sen Futuro. Nela pode participan con voz e voto todas as persoas que integran as asembleas de base da organización. Poderán participar tamén diste órgano aquelas estudantes que non participen en ningunha asemblea de base por nin tan sequera existir esta no seu lugar de orixe, dictaminado con previa solicitude e aprobación da Coordinadora Nacional. Artigo 21. Funcións. Serán función da Asemblea Nacional: • Establecer os principios políticos e organizativos de Estudantes sen Futuro. • Aprobar as liñas básicas que orientan a actuación da organización no período entre asembleas. • Elixir unha parte da Coordinadora Nacional, así como analizar a súa xestión e controlar o seu traballo. • Decidir sobre todas aquelas cuestións que como máximo órgano da organización se lle poidan presentar. Artigo 22. Convocatorias. A Coordinadora Nacional saínte convoca a asemblea e unha proposta de documentos. Estes documentos deberán ser debatidos en reunión monográfica pola totalidade das asembleas de base. As emendas aprobadas por cada asemblea de base pasarán a ser debatidas no plenario da Asemblea Nacional e entrarán, se procede, a formar parte dos novos documentos da organización. 28