Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 26

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 A Coordinadora Nacional deberá resolver o proceso de sanción nun prazo máximo dun mes. Estas decisións serán ratificadas pola Asemblea Xeral designada. As sancións a aplicar poden ser: A prohibición temporal de ocupar responsabilidades ao nivel determinado pola Coordinador Nacional, ou a súa total expulsión. TÍTULO IV: ESTRUTURA INTERNA. Sección I: Das asembleas de base. Artigo 13. Definición. As asembleas de base constitúen o órgano fundamental e o eixo organizativo de Estudantes sen Futuro. Nelas participa o conxunto do estudantado, e constitúense como a ferramenta en unidade de contacto directo da organización coa realidade concreta do estudantado, é dicir, fai toma de conciencia como colectivo humano para facer fronte a supresión dos dereitos educativos básicos. As asembleas de base tenderán a centrar o seu traballo nun ámbito de actuación o máis concreto posible para así constituírse nunha forma de obrar verdadeiramente útil de cara as e os estudantes. A constitución das asembleas de base será aprobada nas Asembleas Nacionais ou en calquera reunión levada a cabo pola Coordinadora Nacional. Artigo 14. Composición. As asembleas de base quedarán constituídas a partir de catro membros e deberán nomear, como mínimo, unha ou un responsable de organización que se encargará de convocar e tomar acta das reunións da asemblea, coordinar o traballo das integrantes da asemblea, elevar os debates e acordos da asemblea aos órganos superiores e transimitir ás e aos membros da súa asemblea de base o acordado polos demais órganos. Artigo 15. Convocatorias. As asembleas de base xuntaranse con carácter ordinario un mínimo de dúas veces ao mes, entendendo isto como unha cuestión flexible. A convocatoria das xuntanzas corresponde á responsable de organización da asemblea en cuestión, de común acordo co resto de membros da organización. 26