Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 25

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 Artigo 10. Deberes. Os deberes dos membros, para e coa organización, son: - Respectar e levar a cabo o disposto nos presentes Estatutos. - Participar regularmente nas asembleas de base xa sexan de centro ou locais/comarcais. - Participar regularmente nas accións do conxunto da organización. - Levar a cabo dilixentemente as funcións dos seus cargos no caso de ser elixido para unha responsabilidade individual. - Desenvolver e aplicar en todos os ámbitos do seu centro de estudos os acordos e a política adoptada no seo da organización. - Respectar a pluralidade interna da organización, así como as compañeiras e os compañeiros que a compoñen. - Traballar de maneira individual na formación propia para adquirir os coñecementos básico e necesarios cos que intervir positivamente no movemento estudantil. Artigo 11. Baixa. Serán causa de pérdida da condición de membro da organización: - A propia vontade da afectada ou afectado. - O acordo da asemblea de base á que pertenza a afectada ou afectado ante o incumprimento dalgún dos deberes expostos no Artigo 10 dos presentes Estatutos. A afectada ou o afectado, se así o desexa, poderá solicitar a ratificación da Asemblea Xeral que lle corresponda. - Resolución sancionadora dos órganos competetentes. - O incumprimento dalgunha das condicións de membro recollidas no Artigo 8 destes Estatutos. Artigo 12. Procesos sancionadores. A Coordinadora Nacional poderá acordar a apertura dun proceso sancionador cando a conduta dunha ou dun membro sexa en gran medida contraria aos fins e á política xeral da organización, ou contraveña seriamente o exposto nos presentes Estatutos. O transcurso do proceso sancionador terá como base o acordo conxunto para posteriormente ser tomado en aspecto de responsabilidade na súa aplicación mediante o funcionamento da Coordinadora Nacional da organización. 25