Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 22

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 1. Denominación. Constitúese a organización estudantil “Estudantes sen Futuro” ao amparo da lexislación vixente en materia de asociacións. Estudantes sen Futuro ten personalidade xurídica plena e capacidade de obrar cara ás Administracións Públicas, dispor dos seus bens e acadar os fins recollidos nos presentes Estatutos. Artigo 2. Domicilio social. O domicilio social da organización “Estudantes sen Futuro” será decidido mediante a Coordinadora Nacional despois dunha convocada Asemblea previa. Unha vez elixido, este artigo será cambiado. Artigo 3. Ámbito. O ámbito de actuación de “Estudantes sen Futuro” súmase ao conxunto dos Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato públicos, así tamén recorre a admisión de estudantes universitarios que desexen participar na organización. Tales puntos de ensino deben figuran dentro do mapa de centros educativos da comunidade autónoma galega. Artigo 4. Idioma. O idioma oficial que se empregará, tanto para o uso interno coma para o uso externo en Estudantes sen Futuro, será o galego en normativa RAG-ILG. Artigo 5. Logo. O logo de Estudantes sen Futuro está formado por varios elementos superpostos que procedemos a describir: En primeiro lugar, atopamos unha mancha negra irregular sobre a cal se proxecta a silueta dun puño en cor branca. Por debaixo destes, se atopa escrito nunha soa liña, en minúscula e en cor negra o nome da organización “Estudantes sen Futuro”, onde cabe o uso da súa abreviación coñecida: EsF. Na comarca do Carballiño, cunha pequena diferenza, empregárase este mesmo logo, mais debaixo do nome da organización aparecerá tamén nunha liña en negro onde se poderá ler: “Movemento estudantil do Carballiño”. 22