Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 19

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 Os representantes elixidos polas Asembleas Comarcais de cada comarca pasarán formar parte da Coordinadora Nacional. En caso de non poder asistir a unha xuntanza da coordinadora algunha responsable comarcal, poderase elixir a unha persoa para que a substitúa. Das decisións tomadas pola Coordinadora Nacional serán responsables todas as súas integrantes nomeadamente as compañeiras que ostenten algunha responsabilidade. 2.4. A Asemblea Nacional: A Asemblea Nacional é o máximo órgano de decisión de Estudantes sen Futuro. Nela pode participan con voz e voto todas as persoas que integran as asembleas de base da organización. Poderán participar tamén deste órgano aquelas estudantes que non participen en ningunha asemblea de base por non existir esta no seu lugar de orixe previa solicitude e aprobación da Coordinadora Nacional. Son competencias da Asemblea Nacional: • Establecer os principios políticos e organizativos de Estudantes sen Futuro. • Aprobar as liñas básicas que orientan a actuación da organización no período entre asembleas • Elixir unha parte da Coordinadora Nacional, así como analizar a súa xestión e controlar o seu traballo. • Decidir sobre todas aquelas cuestións que como máximo órgano da organización se lle poidan presentar. As Asembleas Nacionais celebraranse anualmente. O proceso de convocatoria e desenvolvemento é o seguinte: En primeiro lugar a Coordinadora Nacional saínte convoca a asemblea e unha proposta de documentos. Posteriormente estes documentos deberán ser debatidos en reunión monográfica pola totalidade das asembleas de base ou comarcais. As emendas aprobadas por cada asemblea pasarán a ser debatidas no plenario da Asemblea Nacional e entrarán, se procede, a formar parte dos novos documentos da organización. Así mesmo, a Coordinadora Nacional saínte deberá render contas ante o resto da organización mediante a presentación dun Informe de Xestión que será aprobado coas modificacións aportadas por cada estrutura de base. Por último, procederase á elección das membras permanentes da seguinte Coordinadora. O proceso de elección destas membras constistirá: 1. Cada asemblea de base debatirá posibles nomes para a ocupación destes postos. 2. Cada comarca consensuará un nome nas súas respectivas Coordinadoras Comarcais. 19