Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 15

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 1. A Organización e os seus principios organizativos Estudantes sen Futuro é unha organización estudantil de carácter sindical, democrático, amplo, aberto e asemblear que xorde ante a necesidade de artellar a loita e o movemento estudantís nos centros educativos de Galiza como única vía posible para frear os ataques á educación pública. (Estudantes sen Futuro eríxese como estrutura estudantil permanente). Fronte aos movementos asemblearios de marcado carácter temporal e de feble constitución orgánica, Estudantes sen Futuro é un proxecto que pretende superar as debilidades destes mantendo a amplitude, a democracia e a combatividade que os distingue; á vez que dota ao estudantado de ensino medio de Galiza dunha estrutura sindical de seu, capaz de dar resposta tanto aos seus problemas cotiáns como ás ofensivas neoliberais contra a educación pública e os dereitos da mocidade, así como de organizar ao estudantado dos institutos en torno á loita por unha educación do pobo e para o pobo. Así, tamén entendemos como capital a cuestión de xénero, transversalizando o noso discurso feminista non só nos posicionamentos ideolóxicos senón tamén na nosa práctica diaria e no noso proceder organizativo, construíndo as ferramentas necesarias para o empoderamento das mulleres e a loita contra o patriarcado. Estudantes sen Futuro non se trata dun proxecto definitivo nin último, a evolución deste deberá traer consigo unha confluencia con outras organizacións estudantís galegas con vistas á creación dun sindicato estudantil galego que comparta os nosos principios e posicións, tanto organizativos como ideolóxicos. Asemade, dende Estudantes sen Futuro vemos fundamental a coordinación do noso proxecto de sindicato co movemento estudantil e obreiro a nivel estatal, así como a colaboración, formación e integración nun proxecto sindical estudantil amplo e estatal que dea ás nosas loitas un carácter sólido e cohesionado, en definitiva; unitario. Por isto, Estudantes sen Futuro participa activamente e é parte integrante da rede organizada "Estudiantes en Movimiento", coa cal comparte principios, análises e a maioría de posicionamentos e en cuxo seo traballa concienciadamente a prol da unidade das loitas estudantís de todo o Estado. Nesta liña, a nosa organización ve fundamental a coordinación coas outras organizacións estudantís galegas que integran Estudiantes en Movimiento así coma organización obreiras, traballando conxuntamente sempre que sexa posible e desexable, co obxetivo de que o movemento estudantil sexa cada vez máis forte e visible en Galiza. Para facer posible o proxecto de organización estudantil anteriormente exposto, Estudantes sen Futuro dótase duns principios político-organizativos que conserven e fagan valer o espírito da organización e impriman a todo o seu traballo o selo de democracia e combatividade que a caracteriza. Estes principios son: • Democracia: Entendendo a nosa organización como un espazo aberto á participación do groso do estudantado e establecendo as canles para que as membras sexan plenas partícipes das decisións e posturas asumidas de xeito que toda a nosa estrutura organizativa se someta á vontade e ratificación das bases. 15