Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 13

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 3.4. A necesidade de unir loitas. A ninguén se lle escapa hoxe en día que todas as loitas que se dan no Estado español comparten un denominador común. Os conflitos obreiros, as loitas estudantís, a loita en defensa dosservizos públicos ou das pensións son expresión da contradicción de intereses que existe hoxe en día entre unha minoría cada vez máis rica e a gran maioría social. Historicamente, os grandes cambios sociais viñeron sempre dados pola acción fundamental das traballadoras e os traballadores. É por iso que para o estudantado resulta importantísimo apostar por unha alianza firme coa clase obreira e as capas populares. Achegándonos e apoiando ás loitas que se dan nos nosos barrios, nas nosas vilas ou nas empresas onde traballan os noso pais e as nosas nais, seremos capaces de concienciar ó conxunto da sociedade sobre a importancia da defensa do ensino público. A conquista da educación que queremos pasa por estreitar os lazos que nos unen coa clase traballadora e o pobo en xeral, especialmente no ámbito da mocidade. Inciativas como a Alianza Social Galega (coordinadora de sindicatos, movementos sociais e demais asociacións) ou as asembleas xurdidas ó calor das Marchas da Dignidade (máximo expoñente da unidade das loitas) son espazos nos cales deberemos elevar a problemática do ensino medio en Galicia e en torno ós cales apostaremos por construír un lazos de unión fraternais co resto do pobo. 13