Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 11

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 3. Situación do movemento estudantil. 3.1. Galicia: O movemento estudantil en Galicia caracterízase pola súa desigual forza, a súa precaria organización e a escasa vontade de acadar una necesaria unidade. Se analizamos o sindicalismo estudantil nacionalista, atopámonos con tres organizacións principais: Comités, Liga Estudantil Galega e Agir. Nos últimos tempos, esta rama do movemento estudantil está a adoptar dinámicas certamente preocupantes ó apostar por una unidade que exclúa a todas as organización ou asembleas non nacionalistas. A continuación, pasamos a facer una análise un pouco máis profunda das tres organización antes mencionadas. Comités xorde no ano 2008 debido á fusión entre os Comités Abertos de Facultade (CAF) e os Comités Abertos de Estudantes (CAE). Trátase dunha organización en certa decadencia dende que en 2011 se escindiu dela a Liga Estudantil Galega. Pola súa banda, Liga Estudantil Galega continúa a ser a organización estudantil máis grande a nivel nacional. Porén, ten perdido parte da súa influencia e a día de hoxe tan só é verdadeiramente forte en Santiago de Compostela. Trátase dunha organización na que conflúen varias tendencias políticas o cal se traduce en xeitos de actuar diferentes dependendo da comarca onde nos situemos. Por último, Agir preséntase como o terceiro piar da unidade nacionalista. Fundada no ano 2000 froito da unión de certos grupos estudantís independentistas. Case non ten presencia máis alá de Santiago de Compostela. Máis alá do nacionalismo existen outras organizacións a destacar no movemento estudantil galego: o Sindicato de Estudantes, os Colectivos Estudantís Libertarios e Acción Universitaria. O Sindicato de Estudantes é una organización estatal con e escasa presencia real en Galicia. O seu poder de movilización ven dado pola repercusión que teñen nos grandes medios de comunicación. Trátase dunha organización alonxada do movemento estudantil. Recentemente, xurdiron una serie de grupos de marcada ideoloxía anarquista agrupados baixo o nome de Colectivos Estudantís Libertarios. Os CEL teñen presencia en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela mais contan cunha escasa influencia entre o conxunto do estudantado. Por último, atopámonos coa outra organización pertencente á rede de Estudantes en Movemento xunto connosco en Galicia: Acción Universitaria. AU, con presencia en Compostela, Lugo e Vigo é una organización que se ten demostrado bastante aberta a colaborar con Estudantes sen Futuro en múltiples ocasións. O feito de estaren ESF e AU 11