Amfiv - Challenge Cup Vigo 2017 Amfiv Copa de Europa | Page 9

SALUDA SECRETARIA GENERAL PARA EL DEPORTE Hai algo que une dun xeito inexorable á Xunta de Galicia e á Asociación de Minusváli- dos Físicos de Vigo. E ese algo é moito máis que unha característica, unha ideoloxía ou calquera outra eventualidade. Ese algo é un estilo de vida: a decisión de traballar para facilitarlle as cousas a aqueles que carecen de todas as vantaxes. Con esta prioridade en mente, nace AMFIV no ano 1982 co obxectivo de conseguir unha rápida e eficaz integración social das persoas con discapacidade física. Hoxe, 35 anos despois, o club olívico recolle o froito de toda unha vida traballando en prol dos que máis o necesitan e organiza un evento de sona internacional. A Challenge Cup terá lugar en Vigo do 27 ao 30 de abril de 2017 e nela poderán verse oito dos mellores equipos de baloncesto en cadeira de rodas de toda Europa. Entre eles estará o AMFIV. Un club que chega a esta cita como anfitrión pero que ten gañado a pulso o dereito a medirse cos mellores equipos do mundo. Os xogadores do conxunto vigués, que xa teñen representado a España nos Xogos Paralímpicos desde Seúl 88, son os artífices de moitos éxitos colleitados tanto a nivel nacional como interna- cional e que enchen de trofeos e orgullo as vitrinas do deporte galego. É o baloncesto en cadeira de rodas un deporte que xunta moitos dos valores que promovemos desde a Secretaría Xeral para o Deporte. Constancia, esforzo, sacrificio, perseveranza e como non, traballo en equipo. Precisamente o traballo en equipo é a arma máis poderosa que temos para acadar unha inclusión efectiva entre os membros da nosa sociedade. Ese é o deporte que queremos na Xunta de Galicia: o deporte como vía de inclusión social e desenvolvemento para as persoas con diversidade, ben sexa física, psicosocial, cognitiva ou sensorial. Non podería escoller outra cidade que non fose Vigo como escenario desta competi- ción. O Vigo motor industrial de Galicia, o Vigo que se alzou contra a opresión en 1809, o Vigo como cidade máis poboada dunha terra en declive demográfico. Todos estes fitos acadáronse co traballo de moitos. Un traballo comprometido no que cada vigués e cada viguesa puxeron o seu grao de area para conseguir o beneficio común. Non me cabe dúbida que o AMFIV seguirá os pasos que lle ten marcado a súa terra para poder alzarse coa vitoria na Challenge Cup. Porque para chegar ao máis alto, é preciso esquecer os egos. A primeira persoa en alcanzar a cima do Everest, un famoso sherpa nepalí dixo que “ao escalar unha gran montaña ninguén deixa a un compañeiro para alcanzar a cima só”. Seguide este exem- plo e acadaredes moito máis que éxitos deportivos. Porque o traballo en equipo divide o esforzo e multiplica os resultados. Marta Míguez Secretaria Xeral para o Deporte 9