Amfiv - Challenge Cup Vigo 2017 Amfiv Copa de Europa | Page 5

SALUDA CONCEJAL DE DEPORTES DE VIGO Vigo recibe por terceira vez na súa historia unha fase final continental de baloncesto adaptado. O Club Deportivo Amfiv, nacido en 1982 e debutante en competicións europeas na campaña 2004/05, tennos afeitos a ser non só un referente nacional desta modalidade deportiva senón tamén un embaixador da cidade en toda Europa. Hai unha ducia de anos foron quen de emocionarnos en cada partido. Coa Willy Brinkmann, na que se meteron na final das Travesas, engancháronnos definitivamente a este deporte; a André Vergauwen supuxo un paso máis no coñecemento dos grandes rivais europeos e agora a Challenge Cup énchenos de ilusión porque o club vigués transmite as mellores sensacións. O Concello sempre está disposto a apoiar a organización de eventos de calidade que revirtan directamente no tecido deportivo local e esta Copa de Europa é, sen dúbida, o perfecto exemplo. Persoalmente convencido de que a competición será un éxito, agora é xa o tempo dos deportistas. Deles é a derradeira palabra. Manel Fernández Concelleiro de deportes 5